Salvaterra

26 locais de hostalería forman a I Ruta Pinchoterra

Ofrecen petiscos a 2,50 euros todos os venres de abril y Sortean 37 premios

Presentación da I Ruta Pinchoterra no Concello de Salvaterra de Miño.   | // D. P.

Presentación da I Ruta Pinchoterra no Concello de Salvaterra de Miño. | // D. P. / d. p.

d. p.

Baozi de secreto ibérico e lagostinos, bacallau da Gioconda, empanada de berberechos con pan de millo, tataki de vaca vella e cebola rosa con salsa especial, delicia de polo a baixa temperatura sobre pan brioche, timbal de camarón e pan Galeguiño son algúns dos petiscos que se poderán degustar os venres de abril en Salvaterra de Miño.

O Concello, en colaboración cos locais de hostalería, lanza a primeira ruta de petiscos, Pinchoterra da que participan un total de 26 establecementos espallados por todo o termo municipal, casco urbano e parroquias. Cada un ofrece un proposta gastronómica propia todos os venres do mes de abril ao prezo de 2,50 euros.

O horario no que se sirve o pincho, así como a relación de locais participantes, coa localización e petisco que ofrece, pódese consultar na páxina web habilitada para tal fin: pinchoterra.concellodesalvaterra.com

A I Ruta Pinchoterra contará tamén cun sorteo de 37 premios. Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio que consiste nun vale de 260 euros para consumir nos locais adheridos, 26 premios máis aportados por cada un dos establecementos (os cales se pode consultar na páxina web) e dez bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.

Para optar a algún deses premios cada consumidor deberá recoller o seu “pasaporte” nos locais adheridos e conseguir un total de 6 selos (6 pinchos diferentes), cubrir os seus datos persoais e contestar cal foi o seu pincho favorito.

Entre todos os pasaportes cubertos coñecerase ademais o pincho gañador, que se levará unha noite con almorzo e spa para dúas persoas e tamén á persoa que máis veces consuma dentro da ruta que contará cun premio dunha experiencia en Galicia.