Nigrán

Música e maxia para festexar o Día da Muller

Hoxe, concerto de temas popularizados por mulleres e mañá “A igualdade non ten truco”

d. p.

O Concello de Nigrán conmemora esta fin de semana o Día Internacional da Muller con dúas actividades culturais gratuítas dirixidas a sensibilizar á veciñanza sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Así, hoxe, dende ás 20.00 horas, no auditorio municipal terá lugar o primeiro festival “Música pola igualdade” a cargo da escola de música de Nigrán Gain Over, a quen o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello lle encargou a misión de que o seu alumnado interpretase para este evento cancións popularizadas por mulleres. Con esta meta, os nenos e nenas de Gain Over levan meses preparado un concerto que incluirá os temas máis coñecidos de Amy Whinehouse, Dona Sammer, Tina Turner, Aitana, Katy Perry, Sania Twain, Rigoberta Bandini e Dover.

Maña domingo, ás 18.00 horas no mesmo lugar, será o momento da maxia a cargo da compañía Magia en la manga que representará o espectáculo “A igualdade non ten truco”.