Mos reparte preto de 400 trampas para facer fronte á vespa velutina
D. P.
STOP Velutinas, así é como se chama a campaña municipal de loita contra esta especie invasora que está a levar a cabo o Concello de Mos. A última actuación foi o reparto, a pasada semana de preto de 400 trampas entre apicultores e colaboradores das dez parroquias, xa que agora é o momento ideal e crucial para instalalas co obxectivo de matar ás raíñas.
A concelleira de Medio Ambiente, Laura Mendez, informou ademais durante a xuntanza que en abril impartirase unha charla informativa e divulgativa co obxectivo de concienciar e dar a coñecer a problemática e o perigo que a proliferación crecente desta especie invasora supón tanto para a flora como para a fauna e as persoas.
No mes de maio distribuiranse tamén sprays para desactivar os niños que no mes de xuño acadan a súa maior actividade.
Pola súa banda o concelleiro de Emerxencias, Leo Costas, adquiriu o compromiso de destinar o 50% dos efectivos dos GES para que reciban formación e que desenvolvan labores de erradicación da velutina en Mos.
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- El Sepe prevé que Galicia sea una de las comunidades que más empleo cree hasta 2028, cuando el país alcanzará 23,4 millones de cotizantes
- Ya en vigor: hasta 3 años de excedencia por cuidado de hijos en Galicia
- El Nicolás Peña, el centro de salud joven y pequeño que cierra sus puertas para integrarse en el que será el mayor de Galicia