Salceda prepárase para florecer

Xornadas da Camelia | // R.G.

Xornadas da Camelia | // R.G. / D.P.

D.P.

Salceda de Caselas prepárase para recibir un ano máis as súas xa tradicionais Xornadas da Camelia, coa que sumarán este ano quince edicións.

As xornadas terán lugar os vindeiros días 16 e 17 de marzo e serán o broche final dunha tempada de floración que, neste tipo de flor invernal, abarca de decembro a abril de modo escalonado. Só no territorio galego existen máis de 8000 variedades de camelia.

As exposición floral das Xornadas da Camelia deste ano terá lugar nos corredores e no recibidor do Concello de Salceda. O acto de inauguración será o sábado 16 e a exposición de flores e produtos da camelia estará dispoñible o sábado pola tarde e toda a xornada do domingo.