Xardinería

Outórganse os Premios Xardín Galego

O gañador é un xardín privado en Caldas de Reis deseñado por Ángel Otero

Os tres gañadores da cuarta edición destes premios.   | // D. P.

Os tres gañadores da cuarta edición destes premios. | // D. P. / D. P.

D. P.

A diversidade e exuberancia vexetal dun xardín en Caldas de Reis foi a gañadora dos IV Premios Xardín Galego, concedidos pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada, poñendo en valor o sector, promovendo a innovación e promocionando o sector da xardinería.

O autor, Ángel Otero, recolleu o seu galardón nunha gala de entrega de premios celebrada no salón de plenos do Concello de Tomiño.

O xardín Mourelos de Martín Toimil e o proxecto de paisaxismo no Palacio da Oliva de Ángel Romero obtiveron o segundo e terceiro premio, respectivamente.

A entrega arrancou con varias charlas abertas tamén ao público, na que se afondou sobre programadores de rega orientados a viveiros de produción e xardinería, sobre os desafíos fitopatolóxicos na planta ornamental ou a presentación de produtos a cargo de Suministros e Instalacións Río Verde.