Recoñecemento

O Rosal, canteira de grandes deportistas

O Concello recibe a Alejandro Santos, un atleta cun palmarés de récord

A alcaldesa, Ánxela Fernández, Alejandro Santos e o edil de Deportes, José Carlos Martínez.   | // FDV

A alcaldesa, Ánxela Fernández, Alejandro Santos e o edil de Deportes, José Carlos Martínez. | // FDV / d. p.

d. p.

O Rosal é canteira de grandes deportistas. É o caso do atleta Alejandro Santos, que pode presumir dun palmarés de récord: non só ten o actual récord galego de 5k en ruta, senón que vén de quedar subcampión na proba dos 3.000 metros lisos no XXXIII Campionato Xunta de Galicia sub16, subcampión no Campionato de España a apenas catro segundos do primeiro posto e campión de España por equipos coa selección galega.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez Crespo, recibiron ao atleta rosaleiro no Concello para darlle os parabéns e entregarlle como agasallo unha bandeira co logo do Rosal para que leve polo mundo adiante nas súas competicións e unha caixa con produtos delicatessen rosaleiros para degustar.

“Para nós é un orgullo ter deportistas como Alejandro, un rapaz que demostra que pode soñarse con chegar ao máis alto en calquera disciplina con traballo, esforzo e perseveranza”, destacaron durante o encontro. Tanto a alcaldesa como o concelleiro resaltaron a importancia “do apoio ao deporte de base para que nenos e nenas poidan buscar o seu oco nas disciplinas máis variadas para desfrutar dunha vida máis saudable, para divertirse e quen sabe se tamén para facer historia”