Coloquio

O Rosal aborda o tema da soidade

Celébrase o vindeiro xoves unha nova sesións de “Cafés en igualdade”

Charla sobre os mitos do amor romántico, o pasado mes.   | //D. P.

Charla sobre os mitos do amor romántico, o pasado mes. | //D. P. / D. P.

D. P.

Consciente de promover o benestar ao tempo que se abordan temas de actualidade, o Concello do Rosal xa ten en marcha unha nova edición dos seus ‘Cafés en Igualdade’, que está a percorrer os barrios para afondar de xeito cómodo e distendido sobre temas de interese e de grande actualidade moi diversos.

Tras arrancar esta nova edición en xaneiro cunha charla sobre os mitos do amor romántico, neste mes tomará o relevo a traballadora social clínica e psicoterapeuta Beatriz Arroyo, que o vindeiro xoves 29 abordará o tema da soidade, tanto elixida como imposta. Será como sempre ás 17.30 horas e, nesta ocasión, celebrarase no Bar Floro, no barrio de Novás.

En marzo Joshua Mateo, axente de Igualdade, abordará dun xeito claro e directo as “Novas masculinidades. Outra forma de ser home”. En abril falarase da “Sexualidade e desexo. O Camiño cara ao pracer” da man da pedagoga e sexóloga Erea Devesa. E o ciclo rematará en maio falando coa psicóloga clínica Andrea Iglesias sobre “Ansiedade e estrés. Vivir con présa”.