Mos, berce de campións acuáticos

Alcaldesa, concelleira, nadadores e adestradores na Piscina Municipal.   | // D. P.

Alcaldesa, concelleira, nadadores e adestradores na Piscina Municipal. | // D. P. / D. P.

D. P.

O Club Natación Mos está de parabéns. Ada Barros, Valeria Garrido, Nahia Fernández, Aroa Carrera, Marcos Garabatos, Martin Paramos, Gorka Soto, Daniel Pardavila e Oier Fernández participaron fai un par de semanas no Campionato Galego Alevín de Inverno celebrado en Lugo logrando un palmarés de sete medallas: dous ouros, catro pratas e un bronce e a mellora das marcas en todas as probas que fixo que o Club acadase a novena posición na categoría conxunta.

Previamente, no Campionato Galego Junior Absoluto de Inverno, no que participaron Carolina Pereiro, Antía Hermida, Eva Martínez, Noa Salgueiriño, Daniel Justo, Oskar Beltrán e Juan Ferrón e lograron once medallas.

Precisamente, o percorrido deportivo de Juan Ferrón é outra cuestión a destacar. Vén de participar no Campionato Madrileño de Natación Absoluto, no que foi ouro en 100Mariposa logrando clasificarse para o Campionato De Europa De Natación Adaptada e sendo o 2º mellor nadador do campionato na clasificación de multidiscapacidade; e no Trofeo Internacional Cidade de Barcelona, onde nos 100 mariposa rompeu a barreira do minuto (59”11) para colocarse con opcións de obter clasificación a París e nos 400 libre volveu a establecer unha mellor marca persoal. En ambas probas foi subcampión na categoría s-13 (discapacidade visual grave) e cuarto na clasificación por multidiscapadidade.

Novos retos

Vendo cara adiante, cara aos novos retos, o máis inmediato está acontecer esta mesma semana, cando se está a celebrar dende o pasado mércores e ata mañá domingo, en Sabadell, o Campionato de España Junior e Absoluto Open de Inverno, no que compiten Eva Martínez, en 50 e 100 Espalda; Carolina Pereiro, en 50 e 100 Braza e Antía Hermida, en 50 Mariposa.

Por outra banda, tralos seus exitosos resultados no Campionato Galego, Marcos Garabatos vén de ser convocado pola Federación Galega de Natación para formar parte da Selección que representará a Galicia no Campionato de España por Comunidades Autónomas de categoría Alevín que terá lugar en Los Barrios (Cádiz) do 8 ao 10 de marzo.

Con motivo de todas estas boas novas, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, achegáronse ata a Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro para felicitar aos nadadores e nadadoras do Club Natación Mos polas medallas conseguidas, así como a desexarlle a maior das sortes nas vindeiras competicións aos que están citados. As representantes municipais destacaron o papel xogado para acadar estes logros deportivos dos adestradores Alberto “Xouba” Pereira e Natalia Silva.