Automobilismo

Avelino Martínez, multipremiado na Gala de Campións 2023

O salvaterrense recolleu tres galardóns nunha noite que revalidou os seus éxitos

Martínez na Gala, con dous dos seus premios.   | // D.P.

Martínez na Gala, con dous dos seus premios. | // D.P. / D.P.

D.P.

A Federación Galega de Automobilismo (FGA) celebrou a súa Gala de Campións, e nela estivo moi presente o salvaterrense Avelino Martínez, copiloto de rally, que resultou multipremiado nesta gala 2023 que o Automobilismo Galego celebrou este ano no Coliseum de Noia, e que foi retransmitido en directo a través da canle de Youtube da FGA, e através das outras redes soiciais da Federación.

Os galardóns que acadou foron os de Campión do Súper Campionato R5 por terceiro ano consecutivo, Campión da Top Ten Pirelli por terceiro ano consecutivo e Subcamión Galego Absoluto.

Un ano que se resume para o salvaterrense con 4 victorias absolutas e 5 segundos postos, sendo un deles o das Rías Baixas, puntuable para a Copa de España de rallies de asfalto.

Como recoñecen os recentes galardóns, o 2023 foi un ano de éxitos para este experimentado copiloto da beira do Miño.