Igualdade

Gondomar homenaxea ás mulleres da vila cun calendario

Esta iniciativa celébrase por quinto ano consecutivo

Imaxe do acto.   | // D.P.

Imaxe do acto. | // D.P. / D.P.

D.P.

O Concello de Gondomar presentou o pasado sábado 13 a quinta edición do seu calendario de igualdade, adicado a doce mulleres que pola súa traxectoria vital son, ou foron, figuras destacadas na vila e nas súas respectivas parroquias.

As homenaxeadas deste ano foron Celsa Fernández, María Alonso, Carmen Fernández, Aurora Pérez, Cruz Barros, Mª Gloria Martínez, Julia Pérez, Delia González, Carmen Ferreira, María Luisa López, Conchita Quintas e Alcira Salgueiro.

O acto de presentación, no que se deron a coñecer ás doce protagonistas da edición 2024 deste calendario, tivo lugar no Auditorio Municipal Lois Tobío ás 18:00 horas.

A gala, que foi conducida pola xonalista Paula Montes, contou con actuacións musicais, e cun repaso á traxectoria das doce mulleres gondomareñas protagonistas de cada un dos meses deste almanaque, que suma xa cinco edicións consecutivas.

O alcalde Paco Ferreira sinalou que “este calendario é a nosa forma de brindar un recoñecemento a estas doce mulleres que desde distintos ámbitos, destacan por ter contribuído a facer unha sociedade mellor. Con este acto queremos por en valor a labor, moitas veces escura e silenciada, de tantas mulleres que co seu esforzo e traballo contribuíron a construír o que hoxe é Gondomar”.