Solidariedade

Música e deporte para despedir o ano en Nigrán

Celébranse hoxe o concerto da Orquesta de Saxos de Redondela e a San Silvestre

Participantes nunha edición anterior da San Silvestre en Nigrán.   | // FDV

Participantes nunha edición anterior da San Silvestre en Nigrán. | // FDV / l. c.

l. c.

O Concello de Nigrán despide hoxe o ano coa celebración da tradicional carreira San Silvestre Solidaria en Panxón e o concerto da Orquesta de Saxos de Redondela no auditorio. A maiores, os ‘arroases do Val Miñor’ mergullaranse como cada ano, ás 11:00 horas en Panxón, para nadar 1.500 metros nunha proba tamén non competitiva e solidaria e en Porto do Molle, á mesma hora, disputarase o III Ciclocross Concello de Nigrán-ZFV.

Como é xa tradicional, a San Silvestre de Nigrán é unha quedada solidaria onde os participantes deben achegar un quilo de alimentos non perecedoiros no mesmo día (desde media hora antes do inicio) para o Banco Municipal sen necesidade de inscrición previa. A carreira non competitiva arrancará ás 18.30 horas no Paseo de Panxón (altura do Pavillón) para chegar ao fin de Praia América en Lourido e volver ao punto de partida. Ao rematar ofrecerase unha chocolatada.

A cita cultural será ás 20.00 horas coa Orquesta de Saxos de Redondela, unha formación xa habitual no Nadal nigranés. A entrada tamén é de balde e recadaranse alimentos non perecedoiros entre os asistentes.