Mos
Jorge Cremades dará esta noite as badaladas no Pazo de Mos
Celébrase unha festa para despedir o ano | A música correrá a cargo da orquestra Kubo e os DJ Enter e Matrek

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros do goberno local presentaron a festa desta noite. | // D. P. / l. c.
l. c.
O popular humorista e youtuber, Jorge Cremades, será hoxe o mestre de cerimonia no Pazo de Mos. Cremades será o encargado de dar as badaladas de xeito anticipado a todos os mosenses e demais público chegado doutros concellos que acudan esta noite a tomar as uvas a este enclave do Camiño.

Jorge Cremades dará esta noite as badaladas no Pazo de Mos / l. c.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, xunto cos demais membros do goberno local, presentaban a pasada semana no mesmo escenario esta Festa Pre Fin de Ano que dará comezo ás 23.00 horas e será de entrada totalmente gratuíta.
Entre os participantes na festa repartiranse miles de uvas coas que acompañar as badaladas de medianoite.
Esta gran celebración de despedida do ano en Mos, que conta co apoio da Xunta de Galicia e o Xacobeo, incluirá as actuacións da orquestra Kubo e os DJs Enter e Matrek.
A programación continuará a vindeira semana. O xoves día 4 está programada unha excursión para familias ao Barco do Nadal. A saída será ás 19.00 horas dende o multiusos das Pozas ata o Porto de Vigo. Ten un custo de 14 euros/adulto e 9 euros/neno (de 3 a 12 anos)
E como broche de ouro a este Nadal, Mos recibirá como sempre a visita das Súas Maxestades os Magos de Oriente. Será na tarde do día 5 de xaneiro cando teña lugar a cabalgata de Reis, co desfile das carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañadas da música das rondallas de Mos. Ademais, haberá tamén un Belén vivinte e un agasallo para todos o nenos. Será na Avenida de Sanguiñeda, a partir das 18.00 horas.
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Sorpresón en Pasapalabra: Rosa gana el rosco y se lleva el premio
- El caso de los asesinatos de cuatro hermanas gallegas
- Las primeras trabajadoras idearon el nombre de Zara para aprovechar un rótulo ya fabricado
- Hallan semen de tres varones distintos en el caso de la violación de San Campio de Porriño
- La desconocida playa de la ría de Vigo que estrena bandera azul este verano: está a un paso del centro urbano
- Le imponen 5.500 euros por dejar el coche «aparcado» en un taller de Vigo durante seis meses