Nadal

Salvaterra do Miño recibirá a todos os seres máxicos das festas

A cativada protagoniza as festividades do municipio

Inauguración do belén de plastilna na biblioteca municipal.  | // FDV

Inauguración do belén de plastilna na biblioteca municipal. | // FDV / d.p.

d.p.

A decoración de nadal de Salvaterra, elaborada coa colaboración do estudantado dos centros educativos do municipio, e do módulo de carpintería do IES Salvaterra, inaugurouse onte na praza do Concello, dando o pistoletazo de saída a un mes de decembro no que a mocidade e a cativada son as protagonistas, cunha ampla oferta de actividades pensadas para o público familiar.

A mocidade máis deportista pode gozar o día 17 ás 18:00 , no Pavillón Cándido Carrera, co festival de nadal do CPA Condado, ou, se prefiren a actividade, participar o 23 de decembro ás 20:00 na mini San Silvestre que sae da praza do Concello.

Os máis cativos poderán tamén disfrutar do cinema o 26 de decembro e o 3 de xaneiro na Casa da Cultura, ás 17:30, coa proxección dos filmes “El gato con botas. el último deseo” e “Tadeo Jones 3”.

No relativo aos seres máxicos do Nadal, non haberá ningún que non faga a súa paraxe á beira do Miño. Papá Noel visitará a praza do Concello o día 24 de decembro ás 17:00, e o Apalpador estará o día 27, no mesmo lugar e á mesma hora. Os Reis Magos chegarán á praza dende Portugal ás 16:00 do día 5 de xaneiro, tras acceder ao municipio a través da ponte internacional.