A Raia
Doce meses cheos de solidariedade
A Eurocidade Tui-Valença edita o seu calendario, que distribúe a cambio de alimentos
L. C.
A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario, no que os doce meses énchense de solidariedade xa que o almanaque será entregado a cambio de alimentos non perecedoiros.
O lema do 2024 é “A Eurocidade non se sente vívese”. As ilustracións foron realizadas por sketchers que no caso de Valença participaron no 17º Encontro da Associação Urban Skechers Minho no mes de xuño representando o patrimonio local. Mentres os debuxos de Tui son froito do encontro de debuxo sobre o Tui xudeu organizado polo colectivo Urban Sketchers no mes de setembro.
Aparecen representados ao longo dos meses a Casa Toga , o Marco Milario, a igrexa de Santa María dos Anjos, a capela de nosso señor do Encontro, a Casa do Poço, e a Praça da República de Valença. Mentres a rúa das Monxas, o conxunto histórico, o miradoiro dos xardíns da Catedral, a rúa Entrefornos, e a Catedral de Tui forman parte tamén das ilustracións deste calendario.
Valença distribuirá os seus 400 exemplares do calendario nos centros educativos de preescolar e do 1º ciclo do Agrupamento de Escolas de Muralhas do Minho a cambio de dúas unidades de alimentos non perecedoiros, que logo serán entregados á Loja Social do Município de Valença.
No caso de Tui as persoas que desexen un calendario deberán achegarse á Casa do Concello onde, dende o pasado mércores, poden recoller un exemplar a cambio de 2 quilos de alimentos non perecedoiros que se destinarán á Asociación SOS Tomiño – Baixo Miño.
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Expulsan de un colegio de Vigo a un niño de Infantil por su agresividad
- Bares de Vigo reclaman a los clientes que «no tomen solo café» para reservar mesas para ver fútbol
- Rescatan a dos tripulantes de un pesquero tras arder y hundirse en la costa de Muros
- Dueños de pisos protegidos de Vigo piden hasta 75.000 euros en negro a los compradores
- La justicia archiva la denuncia por el caso del perro arrastrado por el Corredor do Morrazo
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros