Val Miñor

Chocolatada para celebrar o Día da Discapacidade

Chocolatada para celebrar o Día da Discapacidade

Chocolatada para celebrar o Día da Discapacidade

O Concello de Nigrán foi o epicentro da celebración do Día Internacional da Discapacidade na comarca cunha gran chocolatada no Pavillón de Panxón á que acudiron preto de 900 escolares de 15 centros educativos do Val Miñor. Precisamente, esta data conmemorativa do 3 de decembro pospúxose do domingo ao luns para poder festexala, como é habitual, co alumnado, e a ela acudiron os representantes políticos de cada municipio, que tamén tiveron unhas verbas para as crianzas. Un ano máis, o CEE Juan María, ubicado na parroquia de Parada, liderou a iniciativa.

“Celebramos y agradecemos que lo que antes parecía raro, difícil y lejano, hoy empieza a ser normal, fácil y accesible”, sinalou Pepe na lectura do manifesto, a cargo de tres usuarios do CEE Juan María, mentras que Iago agradeceu “que cada vez es más fácil pasear por la calle sin que nadie se dé la vuelta extrañado al vernos” e que se lles dean oportunidades de participación na comunidade. Finalmente, Cintia animou aos asistentes a que sigan dando “razones para celebrar y agradecer que cada vez vivamos en una sociedad más inclusiva, rica y diferente”. “Somos “Diferentemente Iguales”.

A xornada incluíu o contacontos educativo “Todos menos uno” a cargo de Xermola Cantos e Contos, e a posterior chocolatada para todos e baile.