Iker Rodríguez, a un paso de ser campión de España

Iker quedou 1º en Xerez | // FDV

Iker quedou 1º en Xerez | // FDV / l. c.

l. c.

O xove piloto porriñés, Iker Rodríguez, vén de gañar a penúltima carreira do Campionato de España de Moto4, a pasada fin de semana en Xerez.

Con tan só 12 anos é o máis novo da grella e sitúase a só un punto do líder, o seu compañeiro de equipo Andrés García.

Será a vindeiro mes de novembro, no circuíto de Cataluña cando se dispute a última das probas onde se xogará o título de campión nacional.

Dende Porriño desénxanlle moita sorte para esta última cita do calendario, e que sexa un paso máis para acadar o seu soño de ser piloto de moto GP.