Redondela
Convocado o III Premio Sesé Mateo
Galardoa o xornalismo ético na loita contra a violencia machista
l. c.
O Concello de Redondela segue apostando polo seu compromiso co xornalismo ético no tratamento da violencia machista e, por terceiro ano consecutivo, convoca o III Premio Sesé Mateo. Este certame ten como obxectivo recoñecer e destacar o traballo dos profesionais do xornalismo que aborden de maneira ética e respectuosa os temas relacionados coa violencia de machista, protexendo a intimidade das vítimas e as súas familias.
Dotado con 1.500 euros en efectivo, o concurso está aberto a traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes...) sen límite de extensión e que fosen publicados, en medios en papel ou dixitais, ou emitidos en medios de comunicación radiofónicos ou audiovisuais, entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023.
Ata o 3 de novembro
Deben ser presentados antes do vindeiro 3 de novembro no Rexistro Xeral do Concello de Redondela, en horario de 09.00 a 14.00, ou a través da sede electrónica.
- Quince novos músicos gradúanse en Mos
- A salcedense Sghae, entre as charangas máis prestixiosas do país
- Corporacións galegas reúnense en Italia con grupos de acción local
- A parentalidade positiva estúdase a fondo no IES Val do Tea
- O nacemento do Celta Feminino afianza o vínculo entre o club celeste e Mos
- O Corpus Christi volve encher Ponteareas de cor e recendo
- Baiona recibirá a Copa de España de Ciclismo en estrada Elite/Sub23
- Revólver actuará na Festa da Coca