Solsticio

Tui prepara un San Xoán seguro para todos

O permiso para as cacharelas pódese pedir por internet

d.p.

Ante a celebración de San Xoán as persoas interesadas deben presentar no Concello de Tui a solicitude de autorización das fogueiras. Deben presentar o impreso, dispoñible en tui.gal, xunto coa documentación requirida, por rexistro xeral ou na sede electrónica até ás 13.30 h do 10 de xuño.

As cacharelas deben situarse en zonas idóneas, non podendo levarse a cabo en terreos forestais, ou preto deles ou de vexetación susceptible de propagar o lume. Non poderán facerse en praias ou preto de elementos do patrimonio. Non se poderán queimar pneumáticos, plásticos, aceites, ou calquera substancia que conteña líquidos inflamables ou gases a presión, aínda que estean baleiros. Ademais as fogueiras debe situarse como mínimo a 20 metros de casas ou árbores, e non poderán ter un diámetro superior aos 4 metros e unha altura máxima de 2 metros. Será preciso contar con póliza de seguro de responsabilidade civil, mangueiras e extintores.