Deporte

Baiona recibirá a Copa de España de Ciclismo en estrada Elite/Sub23

A proba pasará mañá pola mañá pola vila

Ciclismo en estrada.   | // D.P.

Ciclismo en estrada. | // D.P. / d.p.

d.p.

A Copa de España de Ciclismo en estrada para a categoría Elite/Sub 23 pasará polo Concello de Baiona mañá.

Unha proba que se realizará grazas ao esforzo, á ilusión e o traballo do Club Ciclista Rías Baixas, que fixo posible que podamos gozar desta magnífica proba e deleitarnos cun amplo e rico patrimonio deportivo e cultural relacionado co ciclismo.

A cidadanía baionesa e as persoas visitantes poderán gozar do paso deste gran escaparate do ciclismo amateur español na súa marcha pola nosa vila, atravesando a súa travesía litoral desde Santa Cristina da Ramallosa en dirección Baredo para subir pola estrada da Virxe da Roca ata o Alto da Groba.

Con motivo desta proba, o tráfico quedará puntualmente cortado en xornada de mañá entre as 11:00 e as 11:45h á espera do paso do pelotón desde a glorieta de “Puente Romano” ata a glorieta de entrada sur a Baiona, rotonda do Villa Rosa, e na estrada de subida ao Alto da Groba.