Tomiño, segunda meta voante da II Volta Ciclista ao Baixo Miño

Presentación da II Volta Ciclista ao Baixo Miño.   | // D.P.

Presentación da II Volta Ciclista ao Baixo Miño. | // D.P.

d.p.

Chega a II Volta Ciclista ó Baixo Miño, unha proba para as categorías Elite e Sub23 organizada polo Team Oiense en colaboración co Concello de Tomiño e co resto de municipios da comarca con carácter nacional, puntuable para o Ranking nacional RFEC e segunda das probas da Copa Galicia 2024. Máis de 120 ciclistas participarán nesta proba mañá, 2 de xuño.

Contará cun percorrido de 138 quilómetros con saída ás 10.00 horas dende o Santa Trega e que terá no centro de Tomiño a súa segunda meta voante. Ademais, ao longo da xornada pasará noutra ocasión por Tomiño, nesta ocasión pola estrada xeral cara a Tui. Segundo o rutómetro, a proba pasará por Tomiño ás 11.47 horas e por Goián ás 11.58 horas aproximadamente.

O Concello tomiñés será o patrocinador do maillot azul celeste, que lucirá o primeiro ciclista galego en cruzar a liña de meta. O concelleiro de Deportes, Rubén García, convida a desfrutar desta carreira. “Para o Concello é un orgullo apoiar unha proba que terá un percorrido dunha gran beleza e que permitirá ao público gozar do Baixo Miño dun xeito único”, destaca.