Tecnoloxía

O Concello de Tui ofrece seis cursos de “Dixitalización aplicada”

Son de balde e teñen o obxectivo de proporcionar formación en competencias dixitais básicas

d.p.

Entre xuño e novembro o Concello de Tui vai impartir un curso de “Dixitalización Aplicada”. Haberá seis quendas cunha duración de 30 horas cada quenda. Coa posta en marcha desta acción formativa o Concello de Tui fixo coma obxectivo aumentar a porcentaxe da poboación que posúe competencias dixitais básicas organiza un curso de “Dixitalización aplicada”, xa que segundo estudos coma o ‘Impacto de la transformación digital en España: 1998-2023’, elaborado por la Fundación Orange e a consultora Nae, o 35% da poboación española carece de competencias dixitais básicas, pese a que o 95% da poboación con idades entre os 16 e os 74 anos empregou internet ao longo do ano pasado.

Neste curso inclúense contidos básicos para iniciarse no uso de smartphones ou no ordenador, o uso da intelixencia artificial ou a creación de contidos. Así no temario a impartir figura Tecnoloxías Habilitadoras Dixitais, Información e Alfabetización Dixital, Comunicación e Colaboración en liña; Creación de Contidos Dixitais, Seguridade na rede, e Resolución de Problemas. As clases serán no Centro Municipal de Formación en Guillarei.

A primeira quenda será do 4 ao 13 de xuño de 9.30 a 13.30h, e a segunda do 4 ao 17 de xuño de 16 a 19h. Continuará até novembro con distintas quendas. Para participar non é preciso ter coñecemos previos. As prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente a través do formulario dispoñible en https://tui.gal/gl/curso-dixitalizacion.