Cultura

Entréganse os premios das Letras Galegas 2024

Estes galardóns orientados á infancia contan con máis de 20 edicións

Un momento da entrega de galardóns.   | // D.P.

Un momento da entrega de galardóns. | // D.P.

d.p.

Dentro dos actos previstos polo Concello da Cañiza para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Alcalde Luis Piña, acompañado do Concelleiro de Cultura Rubén Muiños, fixo entrega dos diplomas e premios aos catro concursantes gañadores do XXV Concurso de Poesía e do XXIII Concurso de Relatos, convocados polo Concello da Cañiza.

O xurado, integrado por un equipo de profesores de galego dos Centros Educativos da Cañiza, valorou os traballos en base aos criterios de creatividade e orixinalidade da obra e a súa forza expresiva.

Unha vez rematada a entrega de premios, o Alcalde quixo felicitar a todos os concursantes pola súa implicación e por ter contribuido a elevar cada ano o nivel literario destes certames, e emprazou aos participantes a volver a presentarse aos concursos de 2025.