SOLIDARIEDADE

Catro familias de Baiona acollen nenos saharauís

Catro familias de Baiona acollen nenos saharauís

Catro familias de Baiona acollen nenos saharauís

Un total de catro familias baionesas participan no programa Vacacións en Paz. O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, reafirmou o compromiso do Concello con este proxecto durante a recepción dos nenos e nenas saharauís participantes no mesmo.

Este programa de acollida familiar temporal pon a énfase en catro aspectos fundamentais, o educativo, o sanitario, o social e o lúdico.

O rexedor destacou que Baiona “é unha localidade solidaria” e agradeceu a todas as familias que, “verán tras verán, acollen a nenos e nenas saharauís procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, para axudarlles e garantirlles un verán en paz”.

Ao acto asistiron tamén outros concelleiros da corporación municipal e os nenos e nenas saharauís coas súas respectivas familias de acollida.