Rodrigo Buján gaña o premio do certame de microrrelatos da Red de Juderías
l. c.
O alumno de 2º da ESO do Colexio Santa María – Maristas de Tui, Rodrigo Buján Fernández, foi seleccionado como un dos gañadores do IV Concurso de microrrelatos convocado pola Red de Juderías de España entre os alumnos de 1º e 2º de Educación Secundaria de toda España.
O alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, acompañado das concelleiras Sonsoles Vicente e Ana Núñez, fixo entrega do galardón a Rodrigo Buján. Neste caso, o mozo recibiu unha mención especial que lle da dereito a que o seu relato apareza na publicación realizada pola Red de Juderías de España na que se seleccionaron os 30 mellores relatos presentados a este certame.
- O Festival de Cans avanza os concertos da súa XXI edición
- Unha alumna de 1º da ESO leva Nigrán ao Congreso
- Brais Méndez e a ONG IGAXES únense para loitar contra o odio
- Gondomar, Baiona e Nigrán celebran a Festa da Bicicleta
- 200 ciclistas correrán a VIII “Challenge Rías Baixas”
- A parentalidade positiva estúdase a fondo no IES Val do Tea
- A élite nacional do tenis de mesa brilla en Mos
- A cativada nigranesa aprende orientación