Deporte

As patinadoras de Salvaterra gañan a Copa do Mundo

As 12 integrantes do Club de Patinaxe Artístico Condado conquistaron o ouro na Arxentina co seu show Sharon

As patinadoras do club de Salvaterra coas súsa medallas de ouro e o seu adestrador Eduardo Caride.   | // D.P.

As patinadoras do club de Salvaterra coas súsa medallas de ouro e o seu adestrador Eduardo Caride. | // D.P. / D.P.

D.P.

As doce integrantes do grupo de show pequeno xunto co seu adestrador, Eduardo Caride, aterraron a semana pasada na localidade arxentina de San Juan para disputar a Copa do Mundo. Nesta cita internacional celebrada o sábado 17 de xuño, no estadio Aldo Cantoni, o Club de Patinaxe Artístico Condado, de Salvaterra de Miño, logrou a primeira posición.

O programa que defenderon, “Sharon”, alcanzou a súa máxima puntuación da tempada cun total de 32,27 puntos. Ademais este grupo, en representación de España, conseguiu o podium, que conformouse por un equipo arxentino e un club procedente de Brasil. “As sufragistas”, a representación de Argenshow, logrou a segunda posición cunha diferenza de catro puntos aproximadamente. A medalla de bronce foi para o equipo brasileiro Yolo Skating Team, cunha puntuación de 25,21 puntos para o seu programa “Mil e Unha Noites”.

Na Copa do Mundo deste ano, os participantes galegos Lucas Yáñez Pérez e Unai Cereijo García tamén acadaron o podium nas súas respectivas competicións. Os patinadores do C.P.A Maxia lograron a segunda posición na modalidade de libre tanto na categoría Senior como na Xuvenil.