HISTORIA

Homenaxe ao poeta Ramón Cabanillas na Franqueira

Autor do “Romance da loita entre o mouro e o cristián” que se escenifica cada ano na romaría de setembro

Monólito na memoria a Ramón Cabanillas no adro do Santuario da Franqueira, na Cañiza.   | // D. P.

Monólito na memoria a Ramón Cabanillas no adro do Santuario da Franqueira, na Cañiza. | // D. P. / l. c.

l. c.

Un acto na memoria do poeta Ramón Cabanillas, autor do “Romance da loita entre o Príncipe Mouro e o Devoto Cristiá”, publicado no ano 1927, do cal se conmemora o 95 aniversario, foi o que acolleu o adro do Santuario da Franqueira o pasado 7 de maio. Un romance que se escenifica cada ano, na romaría de setembro, A Natividade da Virxe, unha das advocacións marianas máis antigas do Reino de Galicia.

A Asociación de Funcionarios/as para Normalización Lingüística, da man do seu fundador Xosé González Martínez, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Concello da Cañiza, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o párroco da Franqueira promoveron este acto conmemorativo no que se descubriu un monólito elaborado pola Escola de Canteiros de Pontevedra coa seguinte lenda: “Na memoria do poeta D. Ramón Cabanillas, autor do “Romance da loita entre o mouro e o cristián” a instancias do seu mecenas D. Enrique Peinador Lines, que se escenifica neste lugar na celebración da Festa da Franqueira. Centenario da Fundación do Seminario de Estudos Galegos.”