Soutomaior

Mergullo dende a escola

Remata o programa educativo Divulgaciencia

Escolares atenden ás explicacións sobre a Enseada de San Simón.  | // FDV

Escolares atenden ás explicacións sobre a Enseada de San Simón. | // FDV / l. c.

l. c.

Alumnado do Padín Truiteiro do Concello de Soutomaior participou na iniciativa ‘Mergullo dende a Escola”, unha actividade que os levou á Enseada de San Simón para aprender máis sobre o fondo mariño, ademais de facer un repaso a algúns dos grandes acontecementos históricos que tiveron o mar como protagonista, como a Batalla de Rande ou a viaxe de Julio Verne.

A actividade formou parte da programación de Divulgaciencia e que rematou antonte coa celebración da Gran Feira da Ciencia en Talo Río, Arcade.