Degustación

Redondela celebra unhas xornadas gastronómicas do choco

Será nos locais de hostalería do municipio a semana do 8 ao 14 de maio

Un dos pratos servidos nas Xornadas Gastronómicas do Choco o pasado ano.   | // M. G. BREA

Un dos pratos servidos nas Xornadas Gastronómicas do Choco o pasado ano. | // M. G. BREA / l. c.

l. c.

O Concello de Redondela organiza as xornadas gastronómicas Choco de Redondela como actividade complementaria dentro da celebración da trixésimo sexta edición da Festa do Choco. Con este evento quérese promocionar os establecementos de hostalería do municipio que ofrecerán aos seus comensais, na semana do 8 ao 14 de maio pratos, menús ou outro tipo de proposta culinaria na que o ingrediente principal sexa o Choco de Redondela.

Para elo, dende o Concello publicáronse unhas bases nas que se expoñen as condicións a cumprir para participar destas xornadas e na que se recolle tamén un prazo de inscrición daqueles locais interesados en formar parte da iniciativa. Así, estes deberán cubrir un formulario de solicitude, instancia xeral, xunto coa súa proposta gastronómica e o prezo, con data límite o vindeiro 7 abril. Para unha maior información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Concello de Redondela, chamando ao número de teléfono 986 400 300 ou escribir un correo electrónico ao enderezo cultura@redondela.gal