Día mundial

Ponteareas leva a Praza Maior a concienciación sobre o autismo

Música, obradoiros infantís, piñata e un infinito humano mañá a partir das 12h.

Lazo azul no balcón da casa consistorial.  | // FDV

Lazo azul no balcón da casa consistorial. | // FDV / V.P.

V.P.

Ponteareas sumarase mañá, 2 de abril, á conmemoración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo con actividades na Praza Maior a partir das 12.00 horas. O Concello e a Asociación Familias Azuis organizan un acto co que “aumentar a conciencia social sobre o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) para que a veciñanza saiba que con pequenos xestos todas e todos podemos contribuír á inclusión de persoas con este trastorno”, sinala a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.

O acto comezará coa lectura dun manifesto e ao longo da mañá o público poderá gozar da actuación musical do mozo ponteareán Raúl Cousillas Roget e participar na construción simbólica dun infinito humano. Ademais haberá animación, obradoiros infantís e unha piñata xigante para nenos e nenas grazas á colaboración de Brinca Park.

“É moi importante que a sociedade entenda cales son as barreiras coas que se atopan os nenos e nenas con autismo, porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades” sinala Carrera.