Corto e cambio

Estudantes participantes no programa “Corto e cambio”. | // FDV / l. c.
l. c.
Preto de 200 estudantes de 4º da ESO do Porriño están a participar no obradoiro “Corto e cambio” de creación de curtametraxes sobre prevención do consumo de tabaco, alcol e drogas entre adolescentes. Desenvólvese en horario lectivo, en seis sesión de traballo con cada aula dos centros educativos de secundaria do municipio, dende marzo e ata maio, que será cando culmine coa presentación do resultado final no Festival de Cans.
Organizado polo Concello do Porriño, a través da Concellería de Sanidade e a OMIX e financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, “o principal obxectivo é tratar de involucrar ao alumnado nunha tarefa creativa común, na que, a través de recursos audiovisuais, os mozos e mozas traballan a temática e reflexionan sobre as problemáticas e consecuencias derivadas do consumo das distintas drogas”, explicou a concelleira, Carolina González. “Ademais adquiren coñecementos e habilidades que lles permitirán tomar decisións responsables e coherentes no que respecta á saúde e tamén corrixir crenzas erróneas referentes ao consumo de drogas.
Este programa fundaméntase, principalmente, na Teoría da Aprendizaxe Social, que explica que as persoas se inician no consumo de drogas a través dos procesos de modelado e reforzamento que son mediatizados por factores persoais.
Trabállase todo o que rodea a elaboración dun documental sobre esta problemática, dende unha metodoloxía de aprendizaxe significativa, cunha forte presenza das novas tecnoloxías, baseándose na utilización de curtametraxes e recursos audiovisuais realizados por alumnas e alumnos de idades similares ás súas, de xeito que sexa máis doado que empaticen e se impliquen.
“Apostamos por dirixir as campañas de prevención do consumo de drogas á mocidade, xa que a información baseada na evidencia e o adestramento de habilidades persoais permitiralles tomar decisións responsables coa súa saúde”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
- Ameloblastoma: el tumor oral frecuente, que rara vez da metástasis y se cura desde la pierna
- El domingo se unirá un tercer crucero a los dos que se han tenido que resguardar fuera de ruta en el Puerto de Vigo
- «Está demostrado científicamente que tener un perro aumenta los niveles de oxitocina, la hormona de la felicidad»
- Cuando viene el lobo
- Cesan a todos los empleados de mantenimiento de Vialia: «No quieren que nos sindiquemos»
- Lleva el coche a un taller de Vigo y se incendia cuando lo probaban tras repararlo
- Un revés judicial clave para Stellantis: pierde contra un proveedor al que acusaba de subir los precios
- Buenas noticias para los familiares de pensionistas fallecidos: la devolución de Hacienda tras el fallo de la Agencia Tributaria