Medio Ambiente

Centos de escolares da Louriña celebran o Día Mundial da Auga

Participaron de xogos lúdicos organizados polo Consorcio do Louro

Escolares de Salceda de Caselas.   | // FDV

Escolares de Salceda de Caselas. | // FDV / l. c.

l. c.

Co obxectivo de xerar conciencia sobre a importancia de coidar os recursos da auga no planeta, un elemento vital para a vida de todas as especies da Terra, celébrase cada 22 de marzo o Día Mundial da Auga. Con tal motivo, o Consorcio de Augas do Louro organizou unha serie de actividades para a poboación dos catro concellos que integra, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.

Pensando nos máis pequenos celebráronse, esta semana, unhas xornadas de xogos lúdicos co alumnado de Educación Primaria de diversos centros escolares. O luns foi en Mos, o martes en Salceda de Caselas e o mércores no Porriño.

Visitas guiadas á EDAR

Por outra banda, nas instalacións da EDAR de Guillarei, en Tui, celébranse hoxe unhas xornadas de portas abertas con visitas guiadas.

Están programadas tres visitas, unha ás 10.00 e outra ás 16.00 horas ao laboratorio e proceso de depuración, para maiores de 12 anos, e outra ao mediodía para menores de 12 anos, con visita tamén ao laboratorio e proxección dun vídeo no que se amosa o proceso de depuración.