Gastronomía

A Arbomostra será o 28, 29 e 30 de abril na 63ª Festa da Lamprea

A primeira como Festa de Interese Turístico Internacional será de novo na Praza do Mercado

A lectura do pregón faise no balcón do consistorio.   | // ANXO GUTIÉRREZ

A lectura do pregón faise no balcón do consistorio. | // ANXO GUTIÉRREZ / D.P.

D.P.

A hostalería, as adegas e a veciñanza do Concello de Arbo celebrarán a súa festa por excelencia a última fin de semana de abril (os días 28, 29 e 30 de abril)e que, con milleiros de visitantes, este ano se estrea co titulo de Festa de Interese Turístico Internacional. A “Festa da Lamprea”, que este ano cumpre 63 anos.

Nela os restaurantes da localidade demostran a súa boa man cociñándoa, especialmente ‘á arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas en tempada.

A Arbomostra, o escenario central da Festa da Lamprea, contará coa presenza de stands de artesanía, produtos da comarca, degustación de lamprea e dos viños das adegas con D.O Rias Baixas... Ao mesmo tempo que maiores e pequenos gozan dunha ampla e variada programación cultural.

En Arbomostra, durante os tres días, 28, 29 e 30 de abril, os visitantes na carpa de “Arbomostra”, feira agroindustrial, poderán degustar durante estes tres días, a lamprea ao estilo “arbense” e a lamprea seca nas súas distintas formas de preparación, acompañada polos viños das adegas de Arbo, que teñen a súa representación na carpa.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, lembra que Arbomostra naceu no ano 1992, baixo unha carpa de 400 metros cadrados ao carón da biblioteca municipal, donde posteriormente se construíu o centro multiusos, co obxetivo de promocionar e ensalzar os produtos gastronómicos e vitivinícolas deste municipio.

Coa construción do novo edificio sociocultural, Arbomostra desprazárase as zonas deportivas do Colexio Público Antonio Carpintero, ampliándose a carpa a 3.000 m2 e o ano pasado trasladouse a Praza do Mercado.

“Arbomostra, atópase plenamente consolidada, despois de que, desde os inicios, empezásese a perfilar como unha das citas feirais máis importantes da Comunidade Autónoma” apunta Horacio Gil.

Arbomostra, que no 2022 acadou a súa 26º edición, cun novo estilo máis moderno, acolledor e adaptado; tamén incluirá oficios tradicionais galegos, como o zoqueiro, redeiro, cesteiro, costureiro ou telleiro. Tamén haberá pezas únicas creadas por artesanos de Arbo, como é o caso de Vicente ou os bonsais de Marcial.

A afluencia de visitantes a Arbomostra durante os tres días de Festa o ano pasado superou as 35.000 persoas.