Lecer

Salvaterra prolonga o Entroido co popular Enterro da Lamprea

As carrozas e comparsas sairán o sábado, 25 de febreiro, ás 17.00 horas, da rúa Rosalía de Castro

Desfile do Enterro da Lamprea nas rúas de Salvaterra.   | // D.P.

Desfile do Enterro da Lamprea nas rúas de Salvaterra. | // D.P. / V.P.

V.P.

Comparsas e carrozas participarán no Enterro da Lamprea de Salvaterra de Miño o vindeiro sábado 25 de febreiro. O desfile polas rúas da vila comezará ás 17.00horas.

Na categoría de carroza participan as carrozas que teñen un mínimo 25 participantes e unhas dimensións mínimas de 5 metros de longo.

Na categoría de comparsa participan as agrupacións que teñen un mínimo de 20 membros.

As comparsas ou carrozas deben gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación. Os premios a participación oscilarán entre os 100 e os 600 euros, dependendo da categoría e da cantidade de participantes.

Todas aquelas persoas que queiran participar no enterro da lamprea de forma persoal, e non a través dunha carroza ou comparsa poden facelo dentro da propia comitiva da defunta lamprea, formando parte do grupo de choronas que acompañan a lamprea, de loito riguroso.

A saída do desfile, de comparsas e carrozas do enterro da Lamprea do Entroido 2023 de Salvaterra, está prevista para as cinco da tarde, dende a rúa Rosalía de Castro, discurrindo por Castelao, Rúa Galicia, dona Urraca e Praza do Concello.