Publicacións
Preséntase “Historias en pedra, Tui e as súas parroquias”
Rosa María Vila recolle neste libro 20 debuxos en plumiña e acuarela
l. c.
A tudense Rosa María Vila vén de presentar o seu libro “Historias en pedra, Tui e as súas parroquias”. A artista recolle nas páxinas desta obra máis de 20 debuxos realizados coas técnicas de plumiña, dos seus inicios, e da acuarela. Tras 25 anos de traballo, a idea de plasmar nunha publicación rúas, paisaxes e igrexas de Tui e das parroquias, xurdiu en plena pandemia.
Os debuxos están acompañados neste libro por textos nun ton poético, escritos pola propia artista, do que para ela é Tui e o que significa. Ademais, recupera tamén composicións de escritores e pensadores como Manuel Rivas, Unamuno ou Bispo Lago.
Traxectoria artística
Rosa Mª Vila conta cunha longa traxectoria artística dende a súa primeira exposición pictórica na cidade no ano 1998, á que teñen seguido numerosas mostras tanto en Tui coma noutros concellos galegos e portugueses.
O pasado mes de setembro presentou amais, na Sala Municipal de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez, a mostra “Abrimos portas?”, na que recolleu 25 portas emblemáticas das cidades de Tui e Valença.
Agora neste libro, que tamén foi presentado no Edificio Francisco Sánchez fai un par de semanas, recolle unha pequena parte da súa escolma pictórica sobre a súa cidade, que o público poderá gozar dende as páxinas desta publicación que está xa á venda nas librarías tudenses.
- O Festival de Cans avanza os concertos da súa XXI edición
- Arbo prepara unha LXIV Festa da Lamprea para toda a familia
- “O amor debe liberarse da racionalidade para ser auténtico”
- As festas de San Telmo resisten ao temporal cun éxito rotundo
- A élite nacional do tenis de mesa brilla en Mos
- A cativada nigranesa aprende orientación
- As Músicas no Miño volven do 12 ao 15 de setembro
- O epicentro do atletismo comarcal está no Porriño