Natureza

Novo roteiro guiado Forca do Lobo e mostra de produtos en Covelo

Novo roteiro guiado Forca do Lobo  e mostra de produtos en Covelo

Novo roteiro guiado Forca do Lobo e mostra de produtos en Covelo

O Concello de Covelo acollerá mañá unha nova proposta de roteiro “Forca do Lobo” PRG-231. Será o primeiro guiado deste ano nas actividades turístico-deportivas organizadas polo Concello de Covelo e a Deputación de Pontevedra. Os participantes estarán guiados polo guía de montaña, biólogo e fotógrafo Julio Eiroa. A actividade está limitada a 20 prazas e as reservas fanse no teléfono 654500652.

Por outra banda, a primeira edición desde 2023 da tradicional Mostra de Produtos de Covelo será o vindeiro sábado, 4 de febreiro, con artigos e produtos de proximidade, artesanía e de segunda man. Como de costume, os postos estarán colocados na Praza Mestre Cerviño de 10.00 a 14.00 horas. Haberá música en directo en sesión vermú ás 12.00 horas.

Co inicio de 2023, o Concello reactivou as súas actividades. A fin de semana pasada, a Concellería de Turismo organizou a primeira xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos neste ano. As visitas guiadas ao serradoiro enmárcanse na programación conxunta de promoción turística e do patrimonio cultural e natural que tamén ofrece rutas, observación das estrelas da man da Asociación Galega de Astronomía e distintas actividades.