A música galega logra 25 nominacións aos Premios de la Música Independiente

O grupo con máis candidaturas é das viguesas Fillas de Cassandra, que lograron catro

Fillas de Cassandra son o grupo galego máis nominado.   | // I. ABELLA

Fillas de Cassandra son o grupo galego máis nominado. | // I. ABELLA / Iñaki Abella

Mar Mato

Mar Mato

A música galega vén de lograr 24 nominacións aos Premios de la Música Independiente, da Unión Fonográfica Independiente. Dentro das candidaturas, foron as viguesas Fillas de Cassandra as que colleitaron o maior número.

Un total de catro nominacións teñen Sara e María: mellor aratista emerxente, mellor vídeo (“II.Lisístrata (Varre vasoira)”; mellor álbum de música de raíz e mellor álbum galego.

Tras elas, aspiran a tres premios Baiuca e Tanxugueiras. No caso do primeiro, o xurado recoñeceu a súa colaboración con Alba Reche en “Diamante” que aspira a mellor canción do ano. Baiuca tamén confía en obter o premio a mellor gravación electrónica por ese tema ademais da distinción a mello produción musical.

No que corresponde ás Tanxugueiras, Olaia, Sabela e Aida son finalistas no apartado de mellor produción musical; mellor canción (“Hoxe, mañá e sempre”, que interpretan con Valeria Castro); mentres que confían en gañar con “Aire” o premio a mellor vídeo.

Despois, atopamos con dúas nominacións a Xoel López, Caamaño & Ameixeiras, Ortiga e Boyanka Kostova.

Xoel,co seu último disco, “Caldo espírito”, podería levarse o galardón a mellor álbum do ano. As súas contrincantes son Valeria Castro, Cala Vento, Robe e Shego. Tamén confía en lograr o de mellor álbum pop (onde se mide con Carlangas).

Caamaño & Ameixeiras, con “Quitar o aire” pola súa parte, poderían ser aclamadas co recoñecemento de mellor disco de música de raíz e mellor disco en galego.

Por último, tamén optan a premio The Rapants, Ortiga e Pili Pampín, Grande Amore e Triángulo de Amor Bizarro, máis Bala.