Entrevista | Grande Amore Cantante, compositor

“Está ben ser autoesixente pero faiche perder o momento”

O artista, que presenta novo disco, destaca como a xente de fóra de Galicia lle corea os temas en galego

Nuno Pico é Grande Amore e vén de publicar o seu segundo disco, “II”.   | // IÑAKI OSORIO

Nuno Pico é Grande Amore e vén de publicar o seu segundo disco, “II”. | // IÑAKI OSORIO / mar mato

Mar Mato

Mar Mato

–En varios temas, fai referencia ao mal tempo da Mariña lucense, de Galicia. Esculpiu este a Nuno como persoa e artista?

–Incidiu moito. Nacín na Mariña de Lugo que é como Irlanda que está nubrado sempre. Aos 18 anos, fun estudar a Santiago que tampouco é Miami Beach. Sempre teño presentes a chuvia e as nubes e conforma o carácter.

–Noutras cancións, fala de agardar algo. Que cousas querería que duraran máis tempo?

–Buff, nunca me plantexara iso. Na música, está ben ser autoesixente pero dar tantas voltas a todo faiche perder o momento. Con Grande Amore, por exemplo, penso que está funcionando moi ben a pesar de que é unha música rara. Funciona mellor do que eu esperaría. Penso que calquera día se acabará, que a xente pensará que as cancións non valen un peso, que se acabará todo... Acabará pasando, fluctúa, pero hai que gozar do momento e eu ás veces doulle demasiadas voltas a todo.Nuno Pico, cantante, letrista e compositor, é unha das revelacións da música galega dos últimos anos que logra nos seus concertos fóra de Galicia que a xente coree as súas cancións en galego. Este ano, anota o seu segundo disco de Grande Amore, producido por Carlangas. Bautizado como “II” en números romanos, presenta unha ducia de cancións que condensan o malestar xeracional con melodías de onda punk, rock e de inicios da música de sintetizadores dos 80 e 90.

“Gústame moito o de facer homenaxes a bandas que me gustan. Un dos grupos que máis escoitei foi Led Zeppelin e nomeou os seus primeiros discos con números romanos. Por iso, “II””, explica o artista galego.

–A portada lembra moito ás dos discos heavies dos 80.

–Ten que ver coa temática do disco, co que falan as letras, e vén polo feito de que cando era pequeno, ao ser da Mariña de Lugo, non tiña un acceso enorme a moitas tendas de disco. Ía unha vez cada moito tempo a El Corte Inglés de A Coruña para comprar discos. Os primeiros que vin, que me chamaron a atención, eran discos de Judas Priest, Megadeth... Chamoume a estética, as súas portadas sempre me gustaron.

Portada de "II".

Portada de "II". / FdV

–Na apertura, “Foi todo verdá”. En serio, todo o que nos conta no disco son os seus sentimentos?

–Si, de feito, dende o primeiro disco, digo que me custa menos dicir as cousas nunha letra que falalo nun rexistro normal no día a día.

–“Anos 20”, no que canta que sempre está canso, a perder o tempo, que lle parece que lle falta algo, afeito a estar desfeito,podería ser un himno de varias xeracións.

–Eu fágoo desde a miña experiencia propia para intentar reflexar a situación. É algo que lle pasa á moita xente, non só da miña quinta. De hai un tempo para aquí é xeneralizado. Representa un estado de ánimo.

–¿“Pelea” é un combate contra o sistema, contra quen te rodea?

–...E contra min mesmo.É de todo un pouco. Cando me poño a escribir sáenme cousas duras, máis escuras. Non é que no meu día a día sexa violento e irascible pero teño esa vía nas cancións.

– No Spotify, o tema máis escoitado do disco é “Do meu corpo van nacer outros corpos”.

–Esa frase tíñaa apuntada nas notas do móbil desde hai anos e nunca a daba encaixado nunha canción ata agora. É moi metafórica. Das notas do móbil, saco moitas letras de cancións.

– “Eu son a noite” di que “eu son a festa” a pesar da escuridade.

–Penso que é a mellor canción que me saíu nunca. É escura.A min, gústanme os grupos dos 80 do postpunk que combinaban músicas aceleradas con letras intimistas, The Smiths, The Cure. Ten unha parte de angustia como o resto do disco e tamén de festa.

– Fóra de Galicia, corean as cancións en galego?

–Siiii. Ata agora as actuacións foron moi ben. A xente canta os temas. Era como cando eu era chaval cando cantaba os Dire Straits sen saber que dicían. Non entender todas as palabras non imposibilita que che gusten as cancións.

Suscríbete para seguir leyendo