Igualdade

Curso de defensa persoal para mulleres en Salvaterra de Miño

É de balde, todos os sábados de abril, no pavillón Cándido Carrera

Aula de defensa persoal para mulleres.   | // FDV

Aula de defensa persoal para mulleres. | // FDV / D.P.

D.P.

O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de abril un curso de defensa persoal para mulleres. O obxectivo é a aprendizaxe de técnicas de protección e defensa persoal, ademais de axudar ás usuarias a mellorar o seu autocontrol, a empoderarse e a aumentar a súa confianza en si mesmas. Tamén se traballará a avaliación das situacións de perigo e as técnicas para saír delas.

O curso é gratuíto e levarase a cabo todos os sábados do mes de abril (6, 13, 20 e 27), de a10.00 a 12.00 horas no pavillón municipal Cándido Carrera.

As mulleres interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo alfonso.longueira@yahoo.es ou chamando ao número de teléfono 699 102 727.

Esta acción súmase ás xa organizadas pola Concellería de Igualdade e está enmarcada na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.