Familia

Campus de Pascua para conciliar en Salvaterra

Inscrición do 6 ao 11 de marzo

d. p.

O Concello de Salvaterra de Miño presenta o programa de conciliación Campus de Pascua. O obxectivo é dar facilidades ás familias á hora de conciliar nas vacacións escolares de Semana Santa. Así, as actividades desenvolveranse os días 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril, en horario de 09.00 a 14.00 horas con posibilidade de aula madruga, dende as 07.30 horas. Será nas instalacións do CEIP Plurilingüe Infante Felipe, dirixido a cativada nacida entre os anos 2012 e 2020.

Ofértanse un máximo de 40 prazas. As persoas interesadas en participar debe formalizar a súa solicitude do 6 ao 11 de marzo, ou ata esgotar prazas, a través da sede electrónica ou presencialmente por rexistro de entrada no Concello. O custe é de 10 euros/neno, máis 6 euros no caso de que se opte á aula madruga.