Arquitectura

O Templo Votivo de Panxón viaxa a Madrid

O Concello promoveu na capital o legado de Antonio Palacios na vila

Acto no Centro Galego de Madrid.   | // FDV

Acto no Centro Galego de Madrid. | // FDV / d. p.

d. p.

O Concello de Nigrán sumouse en Madrid ao “Ano Antonio Palacios” polo seu 150 aniversario, protagonizando un acto no Centro Galego e outro no Colexio de Arquitectos sobre o legado do célebre arquitecto porriñés no municipio. O obxectivo non foi outro que divulgar a obra nigranesa do que se pode considerar o artífice dos edificios máis emblemáticos da capital, como poden ser o Palacio de Comunicaciones, ou o Círculo de Bellas Artes.

“Palacios é a Madrid o que Gaudí a Barcelona; pero tamén ten moita obra fora, coa gran sorte de que en Nigrán contamos coa súa construción relixiosa máis importante, o Templo Votivo de Panxón, e un chalé da súa autoría”, explica o acalde, Juan González,

Con esta premisa, foi presentado na entidade sede dos galegos na diáspora que, precisamente, Palacious presidíu, o libro ‘Le mando los planos’, escrito polo arquitecto Álvaro Bonet a través da editorial Engaiolarte e encargado polo Concello na súa versión en galego. O autor estivo acompñado polo alcalde de Nigrán, Juan González, aproveitando ademais a súa presenza en FITUR; e Lola Vázquez Villabeitia, do equipo de Cultura do CGM. Ante unha trintena de asistentes, entre elas a sobriña-neta de Palacios, Carmen Gloria Álvarez Vázquez, Bonet adentrouse na propia historia do Templo Votivo de Panxón; o chalé de Sileno en Praia América e os seus debuxos sobre a igrexa de Santiago de Parada, as súas tres improntas no municipio.

“Temos a sorte de contar en Nigrán cunha das obras máis fermosas da arquitectura do século XX en Galicia e, sen dúbida, a obra relixiosa máis representativa de Palacios, o Templo Votivo, por iso estamos aquí, para divulgalo e invitar aos madrileños a coñecelo”, sinalou González.

Igualmente, o alcalde de Nigrán e Álvaro Bonet reuníronse onte no Colexios de Arquitectos de Madrid co seu vicedecano, Pablo Olalquiaga, o presidente da Fundacón COAM, Miguel Lasso, e a arquitecta Dolores Muñoz, para coñecer da súa man a exposición temporal nesta sede sobre a obra de Palacios externa a Madrid e entre a que figuran planos do Templo Votivo e unha imaxe.