Literatura

Cañiza entrega os premios dos certames de poesía e relato

Éric Lorenzo, Álvaro Machado, Daniela Lopes e Iria Fernández son os gañadores

Acto de entrega de premios e diplomas no Concello.   | // D. P.

Acto de entrega de premios e diplomas no Concello. | // D. P. / l. c.

l. c.

O Concello da Cañiza fixo entrega dos diplomas e premios ás catro persoas gañadoras do XXIV Concurso de Poesía e do XXII Concurso de Relatos ou Narracións Breves convocados con motivo do Día das Letras Galegas.

Na modalidade de poesía os galardoados foron Éric Lorenzo Fernández co poema “A Pinga”, en 1ª categoría de 6 a 12 anos, e Álvaro Machado Puga con “¿Que é a poesía”, en 2ª categoría de 13 a 17 anos; ámbolos dous levaron un premio de 120 euros e diploma, que foron entregados polo alcalde Luis Piña e o concelleiro de Cultura Rubén Muíños.

No que respecta ao concurso de relatos, en 1ª categoría gañou Daniela Lopes González coa obra “O lobisome galego” e en 2ª categoría Iria Fernández Giráldez co relato “Realidade!. Os premios entregados foron os mesmos.

O xurado, integrado por un equipo de profesores de galego dos Centros Educativos da Cañiza, valorou os traballos en base aos criterios de creatividade e orixinalidade da obra e a súa forza expresiva.