Condado-paradanta

Escolares fórmanse na prevención e promoción da saúde mental

Reciben charlas enmarcadas na programación do 25 aniversario da asociación Avelaíña

Unha das charlas impartidas nun centro educativo da comarca.   | // FDV

Unha das charlas impartidas nun centro educativo da comarca. | // FDV / l. c.

l. c.

A asociación Avelaíña celebra os seus 25 anos coa organización dunha serie de actividades para aumentar a súa visibilidade na comarca do Condado e A Paradanta. Así, durante as últimas semanas realizáronse charlas gratuítas de prevención e promoción da saúde mental dirixidas á poboación infanto-xuvenil e impartidas en centros educativos de diferentes concellos, entre eles o CPI Mondariz (1º, 2º, 3º e 4º de ESO), o IES A Cañiza (1º e 2º de Bacharelato e alumnado de FP Básica, Electromécánica e Xestión administrativa) e o IES Salvaterra (FP Básica).

Por outra banda, organízanse tamén tres xornadas de portas abertas para profesionais dos servizos sociais e sanitarios na sede que teñen en Ponteareas. Unha foi xa esta semana e as dúas seguintes serán mércores da vindeira semana, e o 3 de maio.

A maiores, durante os meses de maio e xuño traballarán na confección da alfombra colgante de Corpus, que se inaugurará nos días de celebración desta festa, declarada de Interese Turístico Internacional.