Cerdedo-Cotobade pide fondos autonómicos e provinciais para mellorar o campo das Extremas

Haberá obras nas gradas, vestiarios e iluminación

REDACCIÓN

Cerdedo-Cotobade xestiona ante a Deputación e a Xunta de Galicia, senllas subvencións para realizar un investimento duns 200.000 euros nas instalacións deportivas do campo de fútbol das Extremas que permitirían unha mellora na eficiencia enerxética así como no acabado interior dos vestiarios.

Así, o Concello recurre ao “Plan extraordinario de infraestruturas deportivas” da Deputación solicitando 50.000 euros que irían destinados a acometer diversas mellonas nos seus servizos e vestiarios e nas gradas xa que actualmente hai algúns asentos rotos.

Por outra banda, coa subvención que solicitou o Concello á Xunta de Galicia (140.000 euros) preténdese realizar unha operación de maior calado no que a eficiencia enerxética se refire. Así, substituiríase toda a luminaria do campo por outras lámpadas led.