Entrevista | Inés Curro Portavoz da agrupación Coliño bailongo en Cangas y Salceda

“Debemos facilitar ás nais que chuchen sen temor a ser xulgadas por sacar o peito en público”

O colectivo está a fomentar a lactancia materna e que haxa espazos e actividades para bebés e nenos

Inés Curro, presidenta de "Coliño bailongo", dando o peito a súa filla.

Inés Curro, presidenta de "Coliño bailongo", dando o peito a súa filla. / Raquel Fernández/Digital Art Fotografía

Cangas dispón de dúas agrupacións do fomento da lactancia materna e de apoio y organización de actividades para as familias con bebés e nenos menores de tres anos. Unha delas é Coliño bailongo, que preside Inés Curro, que xunto a outra máis veterana de Chuchamel, conmemoraron a Semana da Lactancia Materna cunha lactancia conxunta o pasado martes no Auditorio, onde exponse fotografías de nais dando o peito ós seus bebés.

–Como empezou Coliño bailongo?

–En Salceda de Caselas. Foi unha iniciativa que trataba de trasladar os beneficios do baile e da musicoterapia ao embarazo, posparto e aos bebes. A primeira actuación en público foi en Salceda nas festas do Cristo en 2016. Desde esa data levamos o redor de 100 actuacións en público. Dentro das que máis repercusións tiveron, foron as actuacións no Luar. E as últimas foron en Salceda e Cangas.A traves desta actividade se formou un grupo de apoio que servía a nais e familias para sentirse comprendidas, acompañadas e axudadas por outras nais e pais nas súas crianzas. A lactancia materna era un dos temas primordiais.

–Cales son as problemáticas que reciben das nais na agrupación sobre a lactancia materna?

–As nais e familias necesitan compartir as súas dúbidas e inseguridades. Ainda que todo vaia ben, solo o feito de que a lactancia ao peito ten que ser según a demanda que fai o neno, custa confiar nesa necesidade que manifesta o bebé. E moi recorrente que pregunten pola cantidade que ten que comer, si será suficiente, si terán bastante leite. Outra consulta e a frecuencia coa que ten que chuchar o neno. E a verdade é que cada neno marca o seu ritmo e que vai modificando de patrón durante o seu crecemento. Isto xenera inquietude. As tomas nocturnas tamén soen ser tema de consulta. Os nenos que fan moitas tomas pola noite interfiren no descanso da nai. Se ten outros fillos que atender e non conta con axuda, manter a lactancia e unha situación retadora e agotadora.

–Onde poden atopar esas axudas?

–Os comenzos na lactancia materna poden ser complexos; e necesario ter axuda profesional da matrona, asesoras de lactancia, de grupos de apoio e de grupos de nais que acompañen a ese binomio nai-bebe para que alcancen unha lactancia exitosa. E preciso que o entorno lle aporte axuda e acompañamento. A lactancia implica moitas horas durante o dia. Noites tamen adicadas a chuchar que aumentan o cansancio na muller. Se conta con axuda nas tareas domésticas, coidado doutros fillos e comidas, será máis favorable para que esa nai manter a lactancia durante máis tempo. As recomendacións da OMS son 6 meses de lactancia materna exclusiva e complementar ata os 2 anos con outros alimentos, sendo o leite materno o principal alimento do cativo.

–Está normalizada a lactancia materna?

–Esta mellor que fai uns anos, pero aínda hai moito por facer. Hai que seguir dándolle visibilidade. Se precisan grupos de apoio e acompañamento que lle den soporte ás nais e lle reforcen a súa decisión de dar o peito. E importante que se informen durante o embarazo e que compartan a mesma información os dous membros da parella, aprender a técnica e coñecer os beneficios da lactancia para a nai e o neno. A parella e o mellor aliado para que a muller se sinta reforzada. Cando a muller se sinte insegura, con dubidas ou cando aparecen dificultades, ter o lado un pai con coñecementos de lactancia axuda a solventar esas dificultades. Ainda hai moita mensaxe que lle chega a muller de que o biberon e a solución os seus problemas. E relevante tamén lembrar que a lactancia materna non solo lle aporta alimento o bebé, senón que tamen inflúe no desenrolo psicoemocional do neno. Lles aporta consolo, relaxación, fortalece o vinculo afectivo e o apego seguro.

–¿Debería de haber espazos reservados para as nais lactantes ou apostan pola normalización da lactancia mterna nun espazo público?

–Hai diferentes opinions entre nais e profesionais. Eu che podo dar o meu punto de vista. Eu considero que chuchar ao teu fillo ten que estar normalizado na sociedade. Canta máis visibilidade se lle dé o acto da lactar, fará máis doado que se integre coma o que é, un acto natural. O neno ten dereito a ser alimentado onde él demande, sexa espazo público ou privado. Debemos respetar ese dereito e facilitarlle as nais que chuchen con tranquilidade e sen o temor de ser xulgadas ou sinaladas por sacar o peito en publico. O peito é o envase do alimento do seu bebé. Ninguén se escandaliza cando unha nai saca o leite en polvo, o biberon e se pon a darllo o seu bebé. O mesmo ten que acontecer coa lactancia materna. Sabendo os beneficios que lle aporta o cativo e a nai, a lactancia debe ser un tema prioritario e relevante nos sistemas sanitarios e de saúde pública. Unha problemática importante se plantexa cando a muller ten que incorporarse á vida laboral. Conciliar lactancia e xornada de traballo se fai complexo. Nas empresas non soen contar con espazos confortables para facer as extraccións de leite, nin tampouco contar con pausas recoñecidas para a muller lactante. A muller se sinte estresada, pedindo favores para dispoñer dese tempo, dando explicacións e acabando nun baño extraendose o leite para darlle o seu fillo. Deberíase respetar as mulleres lactantes e contemplar esta situación nas empresas e equipos de traballo.Desde a Asociacion Coliño bailongo tamén apostamos que haxa espazos e actividades para bebes e nenos menores de 3 anos. Durante o inverno non podenos levalos os parques infantís e vemos unha carencia neste sentido. E por isto que a través da Asociacion estamos a fomentar espazos e actividades nas dúas delegacións, de Cangas e de Salceda.

–Que tipo de actividades promoven en Cangas?

–Temos encontros de familias (nais e pais), nunha sala do Concello todolos mercores pola tarde. Son unha rede que serve de apoio para outras nais na súa crianza e nas súas lactancias. En salceda tamén comezaremos con clases de ioga para embarazadas, para nenos, baile con bebés e baile con nais.

Suscríbete para seguir leyendo