A Biblioteca das Madeiras do Mundo segue medrando

O Eco Espazo de Agustín Bastón en Rodeira suma 30 exemplares á mostra de libros artísticos que abre hoxe

O artista Agustín Bastón, con exemplares do Bilblioteca das Madeiras do Mundo, en Rodeira.   | // G.NÚÑEZ

O artista Agustín Bastón, con exemplares do Bilblioteca das Madeiras do Mundo, en Rodeira. | // G.NÚÑEZ / G.M.P.

G.M.P.

“Xa somos bicentenarios!”, pregoaba estes días Agustín Bastón para celebrar que a Biblioteca das Madeiras do Mundo, unha iniciativa que xorde do coñecemento e o aprecio das especies arbóreas por tradición e oficio familiar, supera amplamente os 200 exemplares (acada os 214) ao sumar 30 nos últimos 12 meses. Tal colección, ao completo, pode contemplarse desde hoxe ao mediodía no seu taller-estudio da Avenida de Ourense, en Rodeira, e permanecerá aberto ata o 11 de xuño en horario de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas, de luns a sábado,e os domingos só de mañá, de 11.30 a 14.00 horas, con entrada libre.

Bastón pensou hai anos que unha boa maneira de poñer en valor a madeira e a creación artística era que cada autor escollera a que especie que lle peta e actuar sobre esa materia primera en forma de libro, enchéndoa de contidos. Así, arte, coñecemento, ecoloxía, pensamento, poesía ou diversión florecen cada mes de maio no Eco Espazo da Madeira con algunhas obras propias e moitas alleas plasmadas sobre libros de madeira. Unha idea orixinal e, que se saiba, única para celebrar as Letras Galegas.Ainda que nos últimos días xa se achegaron algúns curiosos para ollar as novidades, a exposición estaba a medias e hoxe xa mostrará todos os recursos disponibles.

Entre as incorporacións figuran pezas do escultor Armando Martínez, en madeira dunha silveira que rodeaba un laranxeiro; da química farmacéutica Fabiola Matos (“Lo pedí, lo creí, lo agradecí ylo recibí”); de Nel Díaz Piñeiro en madeira de ciprés da Casa Grande de Rosende,en Sober, un dos pazos máis antigos de Galicia; ou varias pezas realizadas en madeiras procedentes da finca As Arangas (Fene), que acolle máis de 2.300 especies plantadas. De pawlonia tormentosa está feito un libro intervido polo deseñador gráfico Isaac Veiga, e de pawlonia fast blue, outro realizado pola mestra Nuria Guardiola titulado “Sermos un entre latexo e latexo”. A súa filla Loira Fernández Guardiola tamén fai a súa propia creación en madeira de maceira grande da Armada, unha árbore propia daquela parroquia que dá mazáns de máis de un kilo de peso.

A hostaleira Marisa Baliño presenta “No mar da vida” sobre madeira de thuja occidentalis; o ceramista Chity Bao plasma o paso pola vida (“Llegar, vivir, irse”) en quercus arizonica; Javier Ramiro alude ao deus Anubis e ao inframundo cunha peza da especie phitosporum termofollium; as irmáns Beatriz e Paz Cardoso crean “Enredando” en madeira de buganvilla glabra; e sobre tamarillo amarillo decora o pintor Rafael Freijeiro un libro que se abre en catro follas. “Dous desexos”, de Rosa Neutro sobre acacia longifolia; creacións de Cristina Carvajal sobre laranxo”; de Tomas Apostolou sobre mirabel; a viaxe “De París a Tombuctú” do pintor e gravador Manolo Figueiras; de Ruth Lodeiro; do médico Gerardo Trujillo “DisTinta”); ou de Sara Gil e María Boubeta, nai e filla, son só unha mostra simbólica da arte que acolle a exposición que se inaugurara hoxe.

Suscríbete para seguir leyendo