A comarca celebra mañá o Día de Rosalía con música e lecturas colectivas

A escritora María do Cebreiro e o dúo Crúas protagonizarán un recital na Casa das Campás

Acto público no Teatro Principal nunha anterior edición do Día de Rosalía.

Acto público no Teatro Principal nunha anterior edición do Día de Rosalía. / Gustavo Santos

S. R.

Os concellos de Pontevedra, Marín e Poio, pero tamén a Universidade de Vigo celebrarán hoxe o Día de Rosalía de Castro con diferentes actividades que lembran a que é, recordan, a artista máis internacional e referenciada da nosa cultura.

No caso de Pontevedra, o acto principal que convoca o Concello celebrarase ás 20 horas no centro social do Gorgullón, onde se fará a lectura de textos de Cantares gallegos e Follas novas.

Será conducido por Miriam Ferradáns, que tamén lerá o manifesto de AELG nesta data tan sinalada. Doutra banda, o colectivo artístico O Fruto e a serpe encargarase da ambientación do acto.

A área de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra sinala que a homenaxe se centra nos textos rosalianos escritos en galego, para destacar o papel da autora na reivindicación do uso da nosa lingua nunha época en que publicar en galego e sendo muller era un acto revolucionario. Ademais, a súa escrita pioneira abriu o camiño á literatura galega moderna.

Pola súa banda, a Universidade de Vigo súmase á conmemoración asumindo o chamamento da Fundación Rosalía de Castro e da Asociación de Gaiteiros Galegos de interpretar musicalmente nesta xornada unha peza na honra da escritora.

O acto celebrarase a partires das 20 horas na Casa das Campás. Abranguerá a interpretación dunha serie de pezas que poñen música a poemas de diferentes autoras galegas por parte do dúo Crúas e un recitado de versos de Rosalía por parte da escritora e investigadora da Universidade de Santiago María do Cebreiro.

Poio convida aos seus veciños a achegarse mañá ás 12 horas ao Casal de Ferreirós, onde se fará uha lectura colectiva do poema “Miña casiña meu lar”. Deseguido, os asistentes poderán degustar unha cunca de “Caldo de Gloria”

Poio convida aos seus veciños a achegarse mañá ás 12 horas ao Casal de Ferreirós, onde se fará uha lectura colectiva do poema “Miña casiña meu lar” na que participarán membros da corporación e de varios colectivos locais.

Deseguido, os asistentes poderán degustar unha cunca de “Caldo de Gloria, unha iniciativa inspirado no poema no que Rosalía explica como facer este prato. No encontro tampouco faltará a música, a caro dun gaiteiro da agrupación Vides Novas.

No caso de Marín, a Biblioteca Pública Vidal Pazos será escenario do acto “Cantamos con Rosalía!”, un convite para as familias con Luis Vallecillo no que as protagonistas serán cancións para nenos. O encontro principiará ás 18 horas.

Suscríbete para seguir leyendo