A exposición que disfrutaría a poeta da paisaxe

O Pazo Provincial acolle a mostra “Nasín cando as prantas nasen. O Herbario de Rosalía”

Inauguración, onte, da mostra, que poderá visitarse ata o vindeiro día 17.   | // RAFA VÁZQUEZ

Inauguración, onte, da mostra, que poderá visitarse ata o vindeiro día 17. | // RAFA VÁZQUEZ / REDACCIÓN

“Rosalía é unha das grandes poetas da paisaxe”, lembra o departamento de Lingua da Deputación ao presentar a mostra “Nasín cando as prantas nasen. O herbario de Rosalía”, que recolle imaxes de plantas e flores moi vencelladas á obra da autora.

A mostra abriu as súas portas na tarde deste martes no vestíbulo do Pazo Provincial, onde poderá visitarse ata o vindeiro día 17 de 9 a 19.30 horas nos días laborables.

A Fundación Rosalía de Castro impulsa esta mostra, que contou na súa montaxe coa responsable de exposicións do Museo de Pontevedra. A cita busca ser un herbario literario, non científico, nunha aproximadación “ao que podería facer a propia Rosalía nos paseos que tanto lle gustaban e que inspiraron a súa obra”, suliña a organización.

A exposición abriu as súas portas na tarde deste martes e poderá visitarse en Pontevedra ata o vindeiro día 17. Logo viaxará por dez concellos da provincia

A mostra busca ser un herbario literario, non científico, próximo ao que podería facer a propia Rosalía.

A mostra busca ser un herbario literario, non científico, próximo ao que podería facer a propia Rosalía. / RAFA VAZQUEZ

A deputada de Lingua María Ortega e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, encabezaron a apertura da mostra. A representante do goberno provincial destacou que a proposta de expoñer o herbario de Rosalía “ten todo o sentido e está xustificada pola importancia da natureza na súa obra”.

Pola súa banda, Anxo Angueira incidiu no especial de que esta exposición, que rematada a súa estadía en Pontevedra visitará dez concellos da provincia, chegue a “unha vila tan significada en Galicia pola súa dimensión botánica e o faga da man da Deputación”, da que gabou a súa “colaboración exemplar”.

Suscríbete para seguir leyendo