O actor Rubén Ríos presentará o seu libro “Arrieiros Somos” no Ateneo

REDACCIÓN

O actor Rubén Riós estará o vindeiro 3 de febreiro, ás 20.00 horas no Ateneo Santa Cecilia, acompañado pola actriz de Marín, Maika Braña e a escritora Elena Gallego Abad, para presentar o libro “Arrieiros Somos”, que escribiu durante a pandemia e está relacionado sobre todo co período de confinamento na súa aldea e no Concello de Riós (Ourense), cando se viu obrigado a coidar dos seus pais. Neses meses de peche obrigado espertou nel unha sensación que nunca antes sentira de esa maneira, “o amor as raíces dos seus proxenitores”.