O antimilitarismo socialista

Pensamentos alternativos (II)

Fotograma de 'Sen novidade na fronte' (1930).

Fotograma de 'Sen novidade na fronte' (1930). / Arquivo

Alfredo Iglesias Diéguez

Durante a guerra de Secesión norteamericana (1861-1865), os cuáqueros enfrontáronse por primeira vez a un difícil desafío: optar entre prestaren un servizo á patria ou manteren a súa coherencia ideolóxica que lles impiden matar un igual. Velaí a trama do filme Friendly Persuassion (1956), de William Wyler, baseada nun libro de West (1945). Filme que o presidente Reagan regalou a Gorbachov en 1980 porque non reflicte a traxedia da guerra, “senón as dúbidas ante o armamentismo e o amor pola patria e o deber”. Porén, esas actitudes non son propiamente antimilitaristas, porque o antimiliatrismo se opón ao papel do exército na sociedade (militarismo), non ao uso da violencia en defensa propia ou como arma da revolución (milicias armadas, exércitos populares...).

O antimilitarismo
 socialista

Jean Jaurés / FdV

Construíndo o antimilitarismo dende o movemento obreiro: O antimilitarismo xorde das entrañas das clases traballadoras, do pobo que invariablemente, guerra tras guerra, enviaba os seus fillos a morrer en guerras nas que non tiñan ningún interese en xogo. Non en van, no vigués peirao de transatlánticos unha obra escultórica de José Morales recrea esa idea:as mulleres de Vigo recibiron e atenderon xenerosamente os soldados repatriados de Cuba en setembro de 1898 sen mirar quen eran, porque sabían que podían ser os seus fillos, fillos da clase traballadora. Neste sentido, as primeiras manifestacións do pensamento antimilitarista atopámolas na Internacional, de Eugène Pottier (1888), no libro Abaixo as armas! (1889), de Bertha von Suttner, ou nas manifestacións contra as numerosas guerras que se libraron en tempos da Paz Armada, tal foi o caso de Marrocos, desembocando na Semana Tráxica de Barcelona (1909).

O antimilitarismo
 socialista

Escultura de Jose Molares / FdV

Velaí a razón pola que a primeira Asociación Antimilitarista Internacional xurdiu en 1904 da man de militantes socialistas e anarquistas que se opuñan ao papel do exército na sociedade e á guerra como instrumento lexítimo para resolver os conflitos nas relacións internacionais. Con todo, o pensamento antimilitarista formularase por primeira vez -sempre que non consideremos as reflexións de Victor Hugo en 1852 como unha elaboración antimilitarista-, no contexto dos debates da II Internacional Socialista nos anos inmediatamente anteriores á I Guerra Mundial (1914-1917), principalmente nos congresos de Stuttgart (1907), Copenhague (1910) e Basilea (1912) -os inmediatamente anteriores ao estourido da guerra e nos que salientou a figura de Jaurès-. Neste sentido, a interrelación entre antimilitarismo e socialismo resulta evidente nesta resolución do Congreso de Basilea: “os traballadores consideran un crime disparar contra outros obreiros para beneficio dos capitalistas ou para orgullos das dinastías imperiais europeas”. O antimilitarismo non era pacifista, como proba o feito de que Jean Jaurès, quizais o máis emblemático antimilitarista da preguerra, é autor dun libro titulado A Nova Armada (1910), no que defende a idea de construír un exército popular ao servizo da defensa nacional.

[object Object]

Na xuntanza de Zimmerwald (1915) -xa durante o conflicto mundial-, Lenin, que retirou a Rusia da guerra en canto triunfou a revolución en 1917, sostiña que o deber dos socialistas era transformaren a guerra imperialista nunha de clases contra a burguesía. Paralelamente, a experiencia dos combates inspirou novelas como As cruces de madeira (1919), de Roland Dorgelès; As aventuras do valente soldado Švejk durante a Gran Guerra (1923), de Jaroslav Hašek; Sen novidade na fronte (1929), de Erich Remarque, levada ao cine en 1930 por Lewis Milestone e considerada o clásico por excelencia da literatura antimilitarista debido a que denuncia os discursos nacionalistas e chovinistas que empuxaron a milleiros de mozos -animados por pais e mestres- a unha guerra miserable; ou Johnny colleu o fusil (1939), de Trumbo, levado ao cinema polo mesmo Trumbo en 1971, no contexto da guerra do Vietnam.

Precisamente, a contenda vietnamita foi o revulsivo que puxo en marcha unha nova vaga do movemento.

Suscríbete para seguir leyendo