Cambados adica todo o mes de Maio á promoción das Letras Galegas

Os actos iniciaranse o vindeiro venres no IES Francisco Asorey

O Concello de Cambadods adicará todo o mes de maio ás Letras Galegas. Trátase dunha iniciativa que conta co respaldo de Política Lingüística e que organizan a Concellería de Cultura e a de Igualdade co obxectivo de pór en valor a lingua entre os máis novos dos institutos cambadeses, así como traballar a educación en valores, facendo fincapé nna educación non sexista e a iguladade.

Os actos de “Maio, mes das nosas letras!” comezan o vindeiro 10 de maio no IES Francisco Asorey e continuarán o 16 no Ramón Cabanillas, rematando o 31 no Colexio Salesiano A Mercé. As concellerías agardan que o espectáculo se achegue a más de 400 alumnos de todos os centros. O espectáculo que percorrerá os institutos será o de “Bravas”, protagonizado por Isabel Risco, un espectáculo unipersoal, no que ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. A produción teatral propón un xogo desde o teatro cómico e comprometido, reivindicando o humor das mulleres.

Suscríbete para seguir leyendo